Sin categoría

O campo de Vilariño acolle unha nova edición do Torneo RacVil Homenaxe a Poli

O Racing Vilariño organiza o venres 14 e o sábado 15 de abril o Torneo RacVil Homenaxe a Poli. No campionato, que se desenvolverá no campo de fútbol de San Pedro, participarán os equipos do Vilariño, Val Miñor, Erizana, Gondomar, Tomiño, Coya, Valladares e A Guía.

O venres celebrarase o VI Torneo Cadete, coa fase de grupos de maneira ininterrompida, comezando o primeiro partido ás 10 da mañá, e o último ás 16:00 horas. A continuación disputaranse as semifinais, ás 17:00 e 18:15 horas, para xogar a final ás 20:00 horas. A xornada finalizará ás 21:00 horas coa entrega de trofeos.

O sábado será a quenda dos infantís, coa VII edición do Torneo, que xogarán a fase de grupos desde as 9 da mañá ata as 18:00 horas, cando comezarán as semifinais. Ás 20:00 horas terá lugar a gran final e a continuación, o torneo clausurarase coa entrega de trofeos.