Camos recupera o desencravo de Cristo tras décadas sen celebrarse

A Parroquia de Santa Eulalia de Camos, en Nigrán, recupera o Venres Santo unha das súas tradicións máis antigas tras décadas sen celebrarse, o desencravo de Cristo seguido de procesión. Esta terá lugar ás 17:00 horas na Igrexa de Santa Eulalia (xunto o Cemiterio de Camos).

Estar tarde de Xoves Santo celebrarase a Cea do Señor ás 19:00 horas. O Sábado Santo ás 20:00 horas será a Santa Vixilia Pascual, e finalmente, o Domingo de Pascua, terá lugar a Misa de Pascua da Resurrección do Señor ás 11:00 horas.