Sin categoría

O Pavillón de Deportes de Baiona acolle a velada de boxeo Stars Battle

Este sábado, 15 de abril, celebrarase no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona unha gran velada de boxeo que dará comezo ás 20:00 horas chamada Stars Battle. O seu nome fai referencia ás grandes estrelas do boxeo galego e do panorama nacional.

Entre eles destacan José “La Sombra” Martínez, o cal cada vez que sobe ao cuadrilátero, a sombra do KO está presente, chamado a ser unha das promesas do boxeo español e gañador do Odivela Cup (Torneo Internacional). Cabe resaltar a reaparición de Cristhian González “Dandy”, posiblemente un dos mellores boxeadores do panorama galego e nacional pola súa calidade técnica e do cal se espera moito no futuro e que traerá moitas alegrías.

Por outra banda, pelexarán o campión do Spanish Legends, Berto “Golden Boy” Loureiro, que non para de cultivar éxitos tanto no boxeo como no KickBoxing. Medirase ao rochoso púxil Carlos Padín, do ximnasio Thunder Marín.

Logo haberá tres combates máis, nos que os púxiles novos demostrarán o bo momento que goza o boxeo local. Cabe destacar a Manel “Finito” López, Alejandro Sánchez, Adrián Haro, Sergio Castro, David Salazar e Mario Peteiro, os cales se medirán entre eles.

Ademais, realizarase unha homenaxe ao Club de Loita Sabarís.

As entradas anticipadas poden adquirirse no teléfono 620 617 125 a un prezo de 10 euros. En despacho de billetes terán un custo de 12 euros.