A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar organiza unha excursión a León

A Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar organiza unha excursión a León os próximos días 13 e 14 de maio.

Día 1: Saída en autocar gran turismo. Pola mañá visita a Puebla de Sanabria, onde destaca o seu patrimonio monumental, paisaxístico e ambiental. Poderase contemplar o Castelo dos Condes de Benavente, a Igrexa da Nosa Señora do Azoque, a Ermida de San Cayetano… e o encanto das súas rúas, o que lle valeu para ser declarada Conxunto Histórico-Artístico. Pola tarde visitarase a monumental Astorga, onde destaca o Palacio de Gaudí, a súa catedral, a Praza Maior. Ademais, opción de visitar o Museo do Chocolate.

Día 2: Tras o almorzo, visita á cidade de León, onde destaca a catedral cunha das vidreiras máis fermosas de Europa, os frescos románicos da Colexiata de San Isidoro, a casa Botines… todos eles declarados Ben de Interese Cultural. Comida no hotel e despois visita á Bañeza e inicio da viaxe de regreso a casa.

O prezo é de 100 euros e inclúe viaxe en autocar, estancia dunha noite de hotel en pensión completa, seguro de viaxe e acompañante. Non inclúe entradas a museos, monumentos, catedrais… As reservas pódense formalizar no teléfono 627 707 776.