Baiona pon en marcha unha nova edición de “Bai de Tapas”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Concello de Baiona abriu xa o prazo para participar nunha nova edición do concurso gastronómico “Bai de Tapas”. Organizado pola Concellería de Turismo de Baiona, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), ten como obxectivo impulsar o turismo enogastronómico na Vila.

O VI Concurso “Bai de Tapas” se celebrará entre o 11 de maio e o 4 de xuño e, como en anos anteriores, cada establecemento poderá presentar entre 1 e 3 tapas, que ofrecerá a un prezo de 2 euros. O prazo de presentación termina o próximo 19 de abril e os interesados en participar poden recoller as bases na oficina de turismo ou contactar no teléfono 986 38 59 24 para que lles envíen os formularios.

Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalería e restauración establecidos no termo municipal de Baiona e cada un poderá presentar ao concurso un máximo de 3 tapas.

O Premio á “Mellor Tapa” resultará de todas as votacións realizadas polos consumidores das tapas nos establecementos. Cada participante deberá votar a tapa ou tapas de, como mínimo, o 30% dos locais participantes, valorando de 0 a 10, e onde lle porán o selo de cada local. Unha vez conseguidos os selos necesarios e puntuadas as tapas poderán deixar as súas votacións, xunto cos seus datos persoais, nas furnas e caixas de correo habilitadas para tal fin, e así optar aos premios que reparte cada establecemento entre os votantes.