Sin categoría

Unha exposición de fotografías antigas recolle un século de xentes e paisaxes de Chandebrito

A Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 acaba de abrir unha mostra de case medio centenar de fotografías (incluídas catro comparativas do ano 2008) que teñen que ver coa parroquia, seleccionadas de entre máis dun cento, e tomadas entre os anos 1899 e 2001.

Esta exposición pódese visitar durante este ano determinadas tardes da semana (ou ben de xeito guiado, concertando cita) na planta baixa da antiga escola infantil de Chandebrito.

Encádrase dentro do ciclo de actividades do 10º aniversario da Asociación Cultural “Chandebrito 1807” -constituída o 15 de xullo de 2007-, entre as que destacan tamén a edición dun caderno coas novas máis salientables do lugar durante o século XX, e dun plano-guía no que se recollerán uns 600 topónimos antigos desta parroquia, a primeira fase de restauración do muíño de arriba de Rodas (s. XVIII), charlas e rutas guiadas.