Este venres abriuse unha «nova praza» na Ramallosa na que para o Grupo Municipal do Partido Popular simbolízase sobre todo o malgaste por parte do goberno socialista escenificado en tres oliveiras que supuxeron máis de 18.000 euros ás arcas municipais, uns 6.000 euros por cada unha. “Desta forma atopámonos cun goberno socialista que por exemplo, mentres por unha banda é capaz de manter un custo de 10 euros por neno que queira participar na ludoteca municipal, por outro é capaz de gastarse 6.000 euros por oliveira”.
Pero o máis grave desta nova situación segundo os populares quizá non sexa esta mostra de malgasto e opulencia, senón que pode ser un posible fraccionamento desta obra que inicialmente contaba cun proxecto e un orzamento de 74.000 euros e que superou en realidade os 80.000 e estando preto dos 84.000 euros. “A isto lamentablemente hai que sumarlle que aínda que sabemos que se superou esta cifra, este dato non o podemos confirmar con exactitude xa que a pesar de que hai dous meses que solicitamos formalmente as facturas desta obra ao alcalde, o socialista, nunha nova mostra de falta de transparencia, a día de hoxe aínda non nolas facilitou”, aseguran.
Este posible sobrecusto débese segundo o Grupo Municipal do Partido Popular de Nigrán a que a pesar de que o proxecto era de 74.000 euros e o Concello debería realizar un procedemento de licitación negociado, o que supoñería un aforro na actuación debido á concorrencia e competencia de quen quixese optar a facela, decidiu realizar a obra por administración, sen que se cumpran os requisitos legais para iso segundo os informes do interventor, e decidiu comprar as subministracións necesarias utilizando un único orzamento (unha oferta/un provedor) para cada subministración, que na práctica máis que conseguir abaratar a obra que se logrou cun procedemento negociado, encareceuna. “Como diciamos, gustounos saber o importe exacto dese encarecemento pero a falta de transparencia do goberno non nolo permite co que utilizaremos os medios e instrumentos necesarios para que se aclare o ocorrido con esta obra e o seu custo por encima do que estaba valorado no proxecto e no orzamento que se dispoñía”.
“Con esta actuación, pero sobre todo coa forma de xestionala, simbolízase que mentres durante o mandato anterior xestionouse de forma eficiente para deixar un municipio totalmente saneado e coa mellor situación económica que nunca tivo, agora o goberno socialista dedícase a gastar sen ningún tipo de control e mostrando a opulencia dunha herdanza económica recibida”, conclúen os populares.

