Sin categoría

Gondomar celebra a 4ª Feira de oficios artesáns

A Concellería de Comercio e a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, xunto coa Asociación Galega de Cerámica e outras artesanías, organizan a 4ª Feira de oficios artesáns o 8 e 9 de abril na Rúa Ángel Urzáiz.

Desde as 11:00 ata as 21:00 horas, diferentes artesáns galegos farán demostracións das súas especialidades. Este ano contarase tamén con artesáns de Asturias e Portugal.

O acto oficial de inauguración será o día 8 ás 12:30 horas, intervindo os escritores Gonzalo Navaza e Xosé Lois Vilar.