A Misa e Procesión da Virxe das Dores inicia a Semana Santa en Sabarís

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Parroquia de Santa Cristina da Ramallosa inicia este venres 7 de abril os actos e cultos de Semana Santa.

Venres 7 de abril
20:00 h. Misa e Procesión da Virxe das Dores ao redor da Igrexa.

Domingo de Ramos, 9 de abril
12:00 h. Bendición de Ramos e Misa. Procesión da Borriquita cos nenos ao redor da Igrexa.

Martes 11 de abril
17:00 h. Celebración Penitencial nenos de Primeira Comuñón e pais.

Mércores 12 de abril
11:45 h. Misa Crismal na Catedral de Tui.

Xoves Santo, 13 de abril
20:00 h. Misa Vespertina da Cea do Señor.
21:00-23:00 h. Adoración do Santísimo Sacramento.

Venres Santo, 14 de abril
12:00 h. Vía Crucis cos nenos.
18:00 h. Celebración da Paixón do Señor.
22:00 h. Vía Crucis desde O Cruceiro cara a Outeiro, Ribeira e Morade.

Sábado Santo, 15 de abril
9:00 h. Oficio de Lectura e Laudes.
22:30 h. Santa Vixilia Pascual.

Domingo de Pascua, 16 de abril
12:00 h. Misa de Pascua da Resurrección do Señor.
20:00 h. Misa do atardecer de Pascua.

Anuncios