Pedro Grandal, do Baíña FS, convocado coa selección Sub 16 para xogar o Campionato de España

Pedro Grandal, porteiro de categoría cadete do Baíña Fútbol Sala, foi convocado coa selección Sub 16 galega para xogar o Campionato de España que terá lugar o próximo fin de semana en Ávila. Pedro xa participou no mes de xaneiro no Campionato Galego defendendo a camiseta da selección de Vigo, despois de varios meses de adestramentos en Santiago chégalle a quenda de defender a camiseta do combinado da selección galega.

Sen dúbida unha gran noticia para o novo porteiro e tamén para todo o club, xa que esta convocatoria é froito do traballo do propio Pedro e do gran esforzo dos seus familiares e tamén dos monitores e adestradores do Baíña Fútbol sala.

Pedro convértese no primeiro canteirán do Baiña en participar nun Campionato de España, aínda que seguro non será o último xa que a canteira do Baíña crece en cantidade e calidade ano a ano.

2017-04-06 - IMG-20170122-WA0004