Un accidente entre dous vehículos saldouse con dúas persoas feridas en Nigrán. Os feitos tiveron lugar na estrada que une Nigrán e Vincios, ao seu paso pola parroquia de Camos. O 112 Galicia recibía a alerta por parte dun particular ás 13:55 horas.
Decontado, o centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasou o aviso a Urxencias Médicas, aos Bombeiros do Baixo Miño, aos Bombeiros de Vigo e á Garda Civil de Tráfico. Tras o sinistro, as vítimas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

