O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra activará durante a Semana Santa un operativo especial de vixilancia sobre as estradas da provincia, prestando especial atención aos controis para detectar aos condutores que circulen baixo os efectos do alcol e as drogas.
Con esta campaña, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil tratan de concienciar aos condutores sobre o cumprimento da normativa legal, e que non soamente o alcol e a condución é un binomio perigoso, senón que tamén as drogas e a condución son, en moitas ocasións, sinónimo de morte.
Aínda que a vixilancia sobre estes consumos é permanente, a Garda Civil de Tráfico quere resaltar que durante estas festas intensificaranse os puntos de verificación de alcoholemia e de drogas nas vías de comunicación secundarias.
Reitérase, unha vez máis, que a sanción por conducir baixo os efectos das drogas ou o alcol é de 1000 euros e detracción de 6 puntos que, ademais, podería chegar a ser un delito dependendo da sintomatoloxía ou se se ve involucrado nun accidente. A prudencia na estrada non está rifada coa diversión destes días.
É importante resaltar a responsabilidade do condutor e aumentar o seu compromiso coa seguridade de todos, que se manifesta cando se pon ao volante sen inxerir estas sustancias, e, así mesmo, suxírese que comuniquen a través dos teléfonos 112 ó do 062 de calquera comportamento anómalo que afecte á seguridade viaria.

