Lembrades aquel neno amigo dun pingüín? Aquel neno que estaba Perdido? Este mércores, 5 de abril, o personaxe de Oliver Jeffers volve á Casa da Lectura e ademais de dar unha volta polo espazo, tentará atrapar unha estrela. Será ás 18:00 horas e, desde as 17:30 horas atenderase o servizo de préstamo bibliotecario.
Tentarán apañar unha estrela, na Casa da Lectura

