Concerto de Primavera do Conservatorio Elemental de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Concerto do Conservatorio de Gondomar.

O Conservatorio Elemental de Gondomar festexará este mércores 5 de abril o comezo da primavera cun concerto no Auditorio Lois Tobío. Os asistentes terán a oportunidade de escoitar diferentes conxuntos, ao coro e á orquestra, e se o tempo acompaña sairán á rúa a facer soar os seus instrumentos e as súas voces. Será a partir das 19:00 horas.

Anuncios