O Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor organiza unha excursión a Camariñas e a Fervenza do Ézaro o vindeiro xoves 13 de abril, con saída prevista ás 8 da mañá desde a Igrexa de Parada.
Pola mañá, os participantes asistirán á mostra do encaixe de Camariñas para, despois de comer, visitar a Fervenza de Ézaro e Carnota.
O prezo é de 29 euros con entrada e comida incluída. As inscricións poden realizarse no teléfono 628 986 597.

