A modalidade libre de Patinaxe Artística celebrou este sábado o Trofeo Xunta, pero nesta ocasión co programa longo despois de realizar o curto o pasado 11 de marzo baixo a denominación de Trofeo Deputación.
Os clubs de Pontevedra fixérono no Pavillón Municipal de Ponteareas coa organización do Club Patinaxe Artístico Luar, onde ademais da modalidade libre individual, con 52 participantes, tamén figurou inscrito un dúo na modalidade de parellas de artístico.
Alí estivo representado o Club de Patinaxe Artística de Gondomar con cinco dos seus patinadores. Todos eles conseguiron o primeiro posto na súa categoría, Lola Álvarez en Benxamín, Joel Ribeiro en Alevín Masculino, Sara Ferreira en Alevín Feminino, Xosé Andrés Cruz en Cadete e Andrea López en Xuvenil.


