Nigrán renova os distintivos de calidade turística nas principais praias e na oficina de turismo

FOTO: PEPE COSTAS

O Concello de Nigrán recibiu na Gran Gala Rías Baixas os seus tres distintivos SICTED (Sistema Integral de Calidad Turística en Destino) que este ano renovou a oficina de turismo de Panxón e as principais praias do municipio: Praia América, Patos e Panxón. SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos, promovido pola Secretaría General de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Baséase, entre outras ferramentas, na aplicación dun Manual de Boas Prácticas, en base ao cal se desenvolven melloras e avaliacións que contrastan a adecuación dos servizos aos estándares de calidade. “É un distintivo que reforza o noso traballo en prol de aumentar a satisfacción dos turistas e de fidelizalos”, resume o alcalde, Juan González.

Este ano sumouse á obtención do distintivo un taxista de Nigrán, a única empresa privada que o ten no municipio. “Dende o Concello traballaremos para que as empresas vinculadas con este sector se animen a solicitalo”, sinala o rexedor.

NIGRÁN RECOLLE OS DISTINTIVOS SICTED
FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN