A Comisión de Festas de Donas organiza o sábado 8 de abril unha churrascada no Centro Cultural da parroquia a partir das 14:30 horas. O menú, de 15 euros por persoa (nenos ata 12 anos 10 euros), inclúe empanada, churrasco de porco, churrasco de tenreira, criollos, patacas, ensalada, pan, sobremesa, café e bebida. Máis información e reservas no teléfono 626 87 94 97. É imprescindible a anotación previa e pago de 10 euros antes do día 5 de abril.
Campionato de futbolín
O mesmo sábado celebrarase un novo campionato de futbolín no Centro Cultural de Donas a partir das 21:30 horas. Haberá premios para as tres primeiras parellas clasificadas. O 50% da recadación e unha botella de whisky para a primeira, o 30% e unha botella de licor café para a segunda e o 20% e unha botella de licor café para a terceira. As inscricións son de 6 euros por partida e faranse no mesmo día no Centro Cultural. Para máis información chamar ao teléfono 626 87 94 97.

