A Concellería de Comercio do Concello de Gondomar, dirixida por Xosé Antón Arauxo Rodríguez, xunto coa Asociación Galega da Cerámica e outras Artesanías, organiza obradoiros participativos ao aire libre para festexar os Días Europeos da Artesanía.
Os obradoiros de cerámica e torno realizaranse na Praza Dr. Latino Salgueiro, fronte á casa de urbanismo, o sábado 1 e o domingo día 2 de abril de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Dirixidos a maiores e pequenos e totalmente gratuítos.

