O encoro de Baíña atópase ao 93,14% da súa capacidade

FOTO: PEPE COSTAS // Encoro de Baíña.

Os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, administrados por Augas de Galicia, atópanse ao 71,87% da súa capacidade total. Concretamente, os de abastecemento, ao 81,16%, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 70,93%. Así se recolle no último informe no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos na Demarcación Galicia- Costa, recollidos o 27 de marzo, e no que se indica que os 19 encoros de Galicia- Costa contan cun volume total de 496,04 Hm3, dos 690,15 (volume total).

Todos os encoros de abastecemento presentan unha porcentaxe de ocupación por enriba da media, agás o de Cecebre, ao 64,04%, e o de Caldas de Reis, ao 61,56%. Tamén destaca o de Beche que é o único que se atopa ao 100% da ocupación.

No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro de Vilasenín é o único que está ao 100% da súa ocupación.

Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase 15 puntos por debaixo, xa que o 27 de marzo de 2016 estaban ao 87,74%, fronte ao 71,87% actual.

ESTADO ACTUAL DOS ENCOROS

Anuncios