A OMIX de Nigrán informa sobre os Campamentos Polideportivos do Centro Príncipe Felipe

O Concello de Nigrán informa que está aberto ata o 21 de abril o prazo de inscrición para os Campamentos Polideportivos do Centro Príncipe Felipe de Pontevedra para o ano 2017, organizados pola Deputación de Pontevedra. O campamento está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2003 e 2010, ambos os dous incluídos. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse a OMIX de Nigrán situada na Estrada pola vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081.

Anuncios