Sin categoría

Baiona elimina obstáculos en cruces e beirarrúas de Sabarís, Baredo e Baíña

O Concello de Baiona vén de finalizar nos últimos días varias obras nas parroquias de Sabarís, Baredo e Baíña encamiñadas a mellorar interseccións e pasos que poderían resultar perigosas para vehículos e peóns.

Operarios da Concellería de Vías e Obras traballaron na zona das vivendas de Almirante Fontán (Baíña) para instalar unha varanda de 21 metros de longo que evite as caídas. Ademais, tamén fixeron labores de mantemento en escadas, pavimento e arranxo de plaquetas.

Pola súa banda, no barrio de Balea (Baredo) levouse a cabo a mellora do acceso en colaboración coa Xunta de Galicia para eliminar unha intersección perigosa. Así, reformouse con formigón a recollida de augas pluviais.

Ademais, en Sabarís, no cruce do Camiño das Monxas coa estrada PO-552, adaptouse o paso de peóns rebaixando a beirarrúa para facilitar a mobilidade dos peóns. Ao igual que nos casos anteriores, tratábase dun punto negro para vehículos e camiñantes.