O Cereixa pasa como un ciclón ante o Manzaneda

FOTO: CEREIXA FS

Importante triunfo o cultivado onte na fría tarde ourensá onde o visitante pasou como un ciclón deixando xeado a un Sp. Manzaneda que organizou unha encerrona e terminou rendido á superioridade do Cereixa FS.

Este partido estaba marcado en vermello no calendario. En primeiro lugar porque na loita por alcanzar o liderado non se podían perder puntos pero sobre todo, porque o Sp. Manzaneda levouse de Gondomar os 3 puntos na primeira volta despois de remontar un 4-1 ao descanso e iso escocía nos xogadores gondomareños.

A poucos minutos do inicio do encontro, o visitante poñeríase en vantaxe tras un disparo cruzado que desviaba un xogador local (0-1). Con todo, o local alcanzaría o empate antes de que Borja Pérez pelexase un balón dividido e forzase o erro local (1-2).

O Cereixa FS controlaba o partido e antes do descanso volvería golpear por partida dobre con Luca como protagonista (1-4).

Descanso e xogadores a vestiarios.

Todo o equipo coincidía en que esa película xa se viu pero que nesta ocasión había que cambiar o final… e así foi; o rival sacou de centro e tras perder o balón, Luca rebentaba o traveseiro avisando de que o visitante non fora de excursión á neve.

Tanta superioridade mostraban os de Vincios, que Edu Rodríguez Pérez poñía o quinto (1-5) e aínda que o Sp. Manzaneda descontou aos poucos minutos (2-5) todo quedou nun simple espellismo.

Co partido controlado, comezou o festival de xogo e goles do Cereixa Gondomar FS: Álex Cabral Álvarez (que onte debutaba e que completou un partido enorme) marcaba o sexto (2-6). O rival estaba roto e o partido estábaselle facendo longo. Esteban Fernández Figueiras poñía o 2-7 pero este equipo seguía coa mesma seriedade. Novamente Edu Rodríguez e Álex Cabral Álvarez marcarían para levar o electrónico ao 2-9.

O local sacou porteiro-xogador e o seu efecto foi nulo; Luca e Huguito Gonzalvez pechaban quizais o mellor partido fóra de casa de toda a liga (2-11).

Final e outros tres puntos no haber do Cereixa FS para recibir ao líder a próxima semana en Gondomar coa posibilidade superarlle.