O Concello de Nigrán renovará totalmente a web municipal

Por outra banda, o Concello renovará totalmente a páxina web municipal, actualmente obsoleta e, polo tanto, non válida para proporcionar moitos servizos básicos que facilitarían a vida ao cidadán. O obxectivo é que a nova sirva como un mellor e máis claro punto de acceso á sede electrónica e ao portal de transparencia, e que dende ela se poidan realizar a maioría dos trámites, pagamentos, consultas de datos, novas ou trasladar as queixas e suxestións.

«Actualmente non podemos ofrecer moitos servizos, o obxectivo é que a nova sirva como unha xanela aberta ao mundo e a todos aqueles visitantes que desexen conocernos un pouco máis a fondo pero, sobre todo, debe servir de instrumento útil para os veciños de Nigrán», sinala o rexedor.