Sin categoría

Máis de 500 atletas participarán na III Milla Solidaria Anemia de Fanconi

Máis de 500 persoas participarán na terceira edición da Milla Solidaria Anemia de Fanconi, que se celebrará este domingo en Gondomar.

O evento xorde dunha iniciativa solidaria, xa que toda a recadación irá destinada á Asociación Española de Anemia de Fanconi, entidade organizadora xunto cos Concellos do Val Miñor, e sobre todo, para dar a coñecer esta patoloxía, considerada dentro do grupo de enfermidades raras.

A Asociación escolleu como emprazamento para a celebración desta carreira o entorno do Val Miñor porque en toda Galicia existen catro casos diagnosticados de Anemia de Fanconi, e todos eles están relacionados con familias da comarca.

O circuíto situarase nas inmediacións do Campo de Fútbol das Cercas, cunha distancia que oscilará entre os 100 metros e os 1.609 metros -unha milla-, dependendo da idade dos corredores. Participarán as categorías pitufos, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa-sénior e veteranos.

Os dorsais serán facilitados pola organización o sábado 25 de marzo de 16:00 a 20:00 horas no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar e o mesmo día da carreira a partir das 9:30 horas.

Milla pola integración

Por segundo ano, e colaborando estreitamente con varias asociacións, farase unha carreira adaptada en cadeira de rodas á que se denominou “Milla pola integración”, coas modalidades cadeiras eléctricas, cadeiras de rúa e de atletismo.

Dorsal Solidario

Todas aquelas persoas que queiran contribuír coa causa, pero non desexan realizar a carreira, a organización dálles a posibilidade de realizar o donativo no DORSAL 0, cuxo importe irá parar integramente á Asociación Española de Anemia de Fanconi.

Horarios e distancias

Menores
10:30 Xuvenil-Júnior Feminino e Masculino – 1.609 metros
10:40 Cadete Feminino e Masculino – 1.609 metros
10:50 Infantil Feminino – 800 metros
11:00 Infantil Masculino – 800 metros
11:10 Alevín Feminino – 800 metros
11:20 Alevín Masculino – 800 metros
11:30 Benxamín Feminino – 800 metros
11:40 Benxamín Masculino – 800 metros

Milla Federada
11:50 Promesa, Sénior e Veteranos A, B e C Feminino e Masculino – 1.609 metros

Milla Popular
12:00 Promesa-Sénior e Veteranos A, B e C Feminino – 1.609 metros
12:10 Promesa-Sénior e Veteranos A, B e C Masculino – 1.609 metros

Milla pola Integración
12:20 Cadeiras de atletismo – 800 metros
12:30 Cadeiras de rúa – 400 metros
12:40 Cadeiras eléctricas – 400 euros

Menores
12:50 Prebenxamín Feminino – 400 metros
13:00 Prebenxamín Masculino – 400 metros
13:10 Pitufos e pais Feminino e Masculino – 100 metros (Carreira non competitiva)

13:20 Entrega de Trofeos