EDP estréase como un dos patrocinadores da VIG-BAY EDP

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A compañía enerxética EDP incorpórase como un dos patrocinadores á VIG-BAY EDP. A proba, que terá lugar o domingo 2 de abril, contará con 5.000 participantes, que percorrerán 21.097 metros entre Vigo e Baiona, un percorrido homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).

Os corredores partirán da Avenida de Samil ás 10.30 horas. A meta estará localizada na Rúa Elduayen (Baiona).

Tras o acordo alcanzado entre a proba e a compañía, EDP incorpórase tanto ao nome como á marca da carreira. Deste xeito, a nova alianza supoñerá un importante impulso de enerxía para esta proba organizada polo Club de Corredores Vig-Bay.

A compañía de luz e gas puxo en marcha diferentes accións para os corredores. Realizou un sorteo de 50 dorsais gratuítos entre os seus actuais clientes e mantén activa, ata o 9 de abril, unha promoción de reembolso do importe do dorsal para aqueles que pasen o seu contrato de enerxía a EDP. A información desta promoción está na web www.edpmaratones.es. Ademais, a compañía regala a todos os participantes unha cinta elástica para a cabeza.

EDP activa nesta carreira o Reto EDP, unha acción na que poden participar todos os corredores para conseguir distintos agasallos. Para iso, deben acudir o sábado á zona EDP, que estará no aparcadoiro do Museo Verbum, e indicar a marca que farán na carreira. O día da proba a zona EDP estará na meta, onde os participantes no reto poderán recoller os seus premios.

Os participantes tamén poderán levar un recordo fotográfico no podio da enerxía, que estará na zona EDP.

O apoio á VIG-BAY EDP reforza o compromiso de EDP con Galicia, un dos seus mercados prioritarios. Desde que comezou a acción comercial, cada vez son máis as persoas que confían na súa oferta de enerxía e servizos.

A idea inicial deste medio maratón xurdiu como o soño persoal dun coñecido empresario e corredor popular vigués, que nos seus adestramentos adoitaba facer o percorrido pola costa; un percorrido con marcadas connotacións turísticas, paisaxísticas e sociais, nunha área que concentra a máis de trescentos mil habitantes que diariamente se desprazan entre os distintos núcleos urbanos.

A proba ten ademais significativos lazos co deporte basee da zona, xa que máis dun centenar de mozos procedentes de clubs deportivos galegos realizarán tarefas de apoio como voluntarios durante a organización da carreira.

EDP é, ademais, un dos patrocinadores de referencia do calendario running en España. Máis de 120.000 persoas participan nas máis de 30 probas que apoia. Entre elas, as dúas únicas que teñen a etiqueta ouro da Federación Internacional de Atletismo, o Maratón Valencia Trindade Alfonso EDP e o EDP Rock’n’Roll Madrid Maratón & ½. EDP comparte a súa enerxía cos corredores, xa que achega máis de 2.000 dorsais gratuítos para estas probas.

EDP

EDP é un grupo enerxético internacional líder en creación de valor, innovación e sustentabilidade. Forma parte de Dow Jones Sustainability Indexes (World e STOXX) e é ademais líder mundial en enerxía renovable.

En España, EDP é unha compañía de referencia no mercado enerxético, presente na xeración, distribución e comercialización de enerxía eléctrica, gas natural e servizos, cunha carteira de máis de dous millóns de clientes en todo o país.

EDP é líder en gas en Cantabria, Murcia e País Vasco, así como en Asturias, onde tamén é o operador eléctrico de referencia.

Anuncios