Anuncios
Ticker de novas

Catro espazos públicos de Nigrán contarán con wi-fi gratuíta

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Praza do Concello de Nigrán.

O Concello de Nigrán instalará pasado o verán rede inalámbrica wi-fi gratuíta en catro prazas públicas do municipio e renovará a páxina web municipal, actualmente obsoleta. Dita actuación, cun custe estimado de 20.000 euros, será presentada ao Grupo de Desenvolvemento Local (GDR) para obter axudas no marco da nova convocatoria do programa Leader 2014-2020 (contempladas nas submedidas 19.2 e 19.4 do mesmo). Esta acción se encadra nos tres principais compromisos do goberno: transparencia, participación e diálogo, aspectos que as novas tecnoloxías deben favorecer.

Os lugares seleccionados para permitir a conexión gratuíta a internet sen necesidade de cableado son a Praza do Concello, o parque de A Ramallosa (no entorno do centro da terceira idade), o entorno do Pavillón Municipal de Deportes en Panxón e o da propia Biblioteca Municipal. Os usuarios deberán rexistrarse previamente e obterán acceso directo á nova web municipal, permitíndolles navegar libremente pola rede. Ao mesmo tempo, as diferentes conexións proporcionarán ao Concello información relevante sobre os intereses dos veciños e visitantes de cara a implementar cada apartado.

“Concebimos o acceso a internet como un dereito máis das persoas e entendemos as tecnoloxías da información como unha canle para facilitar a vida ás persoas, así que na medida das posibilidades do Concello queremos proporcionar puntos de acceso libre e gratuíto en parques ou espazos municipais, como xa sucede nas cidades máis cosmopolitas do mundo. A idea é ir aumentando o número de lugares nos que a xente se poida conectar; hai que ter en conta que é unha medida que beneficiará aos veciños primeiramente pero tamén aos visitantes, especialmente aos estranxeiros, que aforran custes engadidos e poden obter información do municipio inmediata”, sinala o alcalde, Juan González. Compre sinalar que o Wi-Fi de acceso gratuíto e libre comezou a súa andaina no 2005 en Tallín (Estonia), seguido de Helsinki, Londres, Barcelona… “É unha tendencia imparable, signo de modernidade, á que se irán sumando cada vez máis cidades e pobos, independentemente do seu tamaño”, engade González.

Anuncios
error: Content is protected !!