O Ensemble de Clarinetes da Banda Sinfónica Portuguesa actuará o domingo en Gondomar

O Ensemble de Clarinetes da Banda Sinfónica Portuguesa (Oporto), considerada unha das mellores Bandas Sinfónicas de Europa, tocará en Gondomar. A Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, organiza unha master class e un concerto o domingo 26 de marzo.

Os alumnos do Conservatorio Elemental de Gondomar de clarinete, xunto cos alumnos da Agrupación Musical de Vincios, terán o privilexio de traballar nunha master class conxunta cos clarinetistas da Banda Sinfónica Portuguesa.

Ademais, o público e os participantes poderán gozar dun concerto dos mesmos clarinetistas. Será ás 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío con entrada gratuíta.

Anuncios