Charla sobre primeiros auxilios no ámbito doméstico en Nigrán

Anpa Alborés, do CEIP Humberto Juanes, organiza este venres día 24 de marzo, a segunda charla da súa “Escola de pais”, dedicada neste caso aos primeiros auxilios no ámbito doméstico.

Sanitarios de Ambulancias do Val Miñor falarán sobre a RCP (Reanimación cardiopulmonar), como intervir en casos de atragantamento, queimaduras e hemorraxias (tipos e actuación), que non facer nas diferentes situacións de emerxencia no fogar e intervención en caso de caídas e lesións.

A charla, gratuíta e aberta a todo o mundo, comezará ás 19:00 horas no Auditorio Municipal de Nigrán.