Baiona comeza as obras de mellora da rede de saneamento e a reparación de camiños

O Concello de Baiona comezou esta semana a mellora de camiños despois das chuvias do inverno e as obras da rede de saneamento. Os traballos lévanse a cabo grazas aos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e este mesmo martes leváronse a cabo traballos na zona da Aserralleira.

“Hai ano e medio que xa se contratou unha empresa para que reparase os baches e tamén fóronse limpando as cunetas de moitos camiños, polo que moito traballo xa está feito e as zonas afectadas son poucas”, explicou o concelleiro de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde.

Os operarios municipais iniciaron os traballos que se inclúen no proxecto de saneamento adxudicado este mes de marzo a empresa Oresa S.L. Este proxecto permitirá que sete áreas de Baiona melloren as súas redes de saneamento, pluviais e pavimentación durante os próximos meses. A compañía gañou o contrato público ao que presentaron ofertas un total de 22 empresas.

As obras levaranse a cabo en A Ponte, O Loureial, Paseira, Soutiño, As Covas, Camiño do Costal e Camiño do Loureiro, todas elas con carencias na rede de saneamento. Ademais, no caso de O Loureiral, tamén carece de rede de drenaxe de augas pluviais. Pola súa banda, un tramo de Paseira tamén carece de rede de drenaxe de augas pluviais, acumulándose as mesmas na zona central do camiño.

170322 Os concelleiros José Ángel Bahamonde e Ana Simons, este mércores, nunha visita ás obras