Anuncios
Ticker de novas

O Club de Loita Sabarís consegue o primeiro posto na Xornada Sur da Liga de Deporte Base

FOTO: CLUB DE LOITA SABARÍS

Os pequenos do Club de Loita Sabarís conseguiron o pasado sábado o primeiro posto por equipos na Xornada Sur da liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas, que se celebrou no Pavillón Municipal de Teis, en Vigo, co Club San Ignacio de Vigo como entidade coorganizadora.

O club baionés acudiu con ao redor de 30 dos seus loitadores, dos colexios de Fontes-Baíña e Sabarís e do Humberto Juanes de Nigrán.

Trátase dunha competición lúdico-deportiva para que os deportistas que serán o futuro deste deporte mostren as súas calidades como loitadores, durante unha xornada pensada por e para os máis pequenos, que se desenvolveu desde as 10:30 ata as 12:30 horas. 8 clubs inscritos e un centenar de deportistas, déronse cita nesta competición.

Xunto o Club de Loita Sabarís estiveron o vigueses Club San Ignacio, Club de Loita O Castro, Club Kuzushi, e Club Cidade de Vigo, así como o Club A Cambadela da Estrada, o Club de Loita Pontevedra e o Club de Loita do Morrazo.

Anuncios
error: Content is protected !!