Máis de 180 escolares inscritos no 8º Torneo de Bádminton de Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

Baiona celebra este venres día 24 de marzo o seu 8º Torneo Escolar de Bádminton, organizado pola Concellería de Deportes, a Federación Galega de Bádminton e a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Máis de 180 escolares repartidos nas categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete están inscritos para participar no evento, que se desenvolverá a partir das 16:00 horas no Pavillón Escolar do CPI Covaterreña e no Pavillón de Deportes Municipal.

Ás 19:00 horas, despois de finalizar a competición, está prevista a entrega de trofeos para os primeiros clasificados de cada categoría e o sorteo de material deportivo entre todos os participantes.

A organización do torneo pon a disposición de todos os escolares participantes o material necesario para a competición, así como a entrega dun avituallamento a todos eles.

Anuncios