Anuncios
Ticker de novas

Alarza deixou patente a súa clase coa camisola do Club Ciclista Rías Baixas en Ontur

FOTO: CLUB CICLISTA RÍAS BAIXAS

O Club Ciclista Rías Baixas disputou este martes na provincia de Albacete o GP Primavera de Ontur e nas súas filas contou un deportista do máximo nivel mundial como é Fernando Alarza. Na súa primeira carreira como integrante da estrutura presidida por José Luis Chamorro, o triatleta deixou patente a súa clase e acabou entre os 30 primeiros nunha cita puntuable para o ránking estatal Elite e Sub23.

Tras 155 quilómetros de percorrido, Alarza cruzou a liña meta no posto 27 a 2 minutos e 27 segundos do gañador Deins Kanepejns (Selección Letonia). O outro representante do conxunto miñorano que finalizou a carreira foi Lois Rodríguez, no posto 63 a 5:44.

Anuncios
error: Content is protected !!