O Concello de Nigrán ofrece este martes unha charla sobre compostaxe

O Concello de Nigrán, a través do programa de «Compostaxe doméstica de Sogama», ofrece mañá martes ás 18:30 horas no Auditorio Municipal un mini curso de compostaxe (1 hora de duración aproximadamente) onde se explicará aos asistentes como facer compostaxe e se resolverán dúbidas a cargo dun especialista. A entrada é aberta a todo aquel que estea interesado no tema e na mesma se repartirán de xeito gratuíto os 30 composteiros ás persoas que previamente os solicitaron (os que non o fixeron no prazo establecido poderán apuntarse nunha lista de agarda).