Exposición de fotografía no Liceo Marítimo de Baiona

O Liceo Marítimo de Baiona abre a súa exposición de fotografía cos traballos presentados ao concurso organizado conxuntamente con Foto VS.

Ao certame presentáronse 31 fotografías nas que se poden ver diferentes recunchos do Val Miñor desde diferentes técnicas e puntos de vista, quedando recollidos algúns dos máis fermosos lugares, tanto da costa como do interior.

Os traballos xa foron valorados polo xurado e permanecen expostos no Salón do Liceo desde o 20 de marzo ao 9 de abril, e poderá visitarse de 16:00 a 21:00 horas.

Anuncios