Sin categoría

O alcalde de Gondomar inicia unha rolda de visitas ás empresas do Polígono da Pasaxe

Paco Ferreira inicia unha rolda de visitas polas principais empresas do Polígono Industrial da Pasaxe-Vincios, para coñecer de primeira man a actividade empresarial que realizan e o seu grao de competitividade a nivel internacional con outras do sector.

A primeira en recibir a visita do alcalde foi a empresa de enxeñería e robótica naval FERRI, a petición do seu Director, Patricio Fernández Goberna, quen mostrou as instalacións onde levan a cabo o deseño e a posta en marcha de guindastres elevadores, sistemas de rescate, robots de demolición, etc.

Recentemente, foi o primeiro fabricante español en lanzar ao mar un barco non tripulado, o primeiro DRON destas características. Empresa que leva funcionando desde 1964 e asentada no polígono de Vincios desde 1977, que segue crecendo no sector e é considerada das máis prestixiosas a nivel nacional e internacional.

O alcalde, que estivo acompañado polo concelleiro de Dinamización Económica, Xosé Antón Araúxo, e os concelleiros de Infraestruturas e Vías e Obras, Iria Lamas e Manuel Chamorro, anunciou seguir coa rolda de visitas na próxima semana a outras empresas, que xa contactaron co rexedor interesadas en recibir a visita institucional do alcalde.