Concerto de Tonichi e Pacheco no Central Park de Baiona

O dúo Tonichi e Pacheco ofrece este sábado 18 de marzo un concerto na Cafetería Central Park de Baiona (C/ Laureano Salgado, 7), ás 23:00 horas con entrada gratuíta.

Tonichi e Pacheco é unha proposta artística que mestura o virtuosismo musical centrado nas grandes figuras e iconas da guitarra, como Paco de Lucía, Django Reinhardt, Zorba the Greek… cunha gran selección de temas cantados que, dunha forma sentimental e/ou lúdica non deixan indiferente a ninguén. Todo isto mesturado cunha gran dose de humor fan que o espectáculo sempre finalice nunha gran festa.

Anuncios