Anuncios
Ticker de novas

O Baíña FS viaxa á capital galega para ver o encontro entre o Santiago Futsal e o Inter Movistar

FOTO: INTER MOVISTAR

O Baíña Fútbol Sala organiza para este venres unha excursión cos seus xogadores, monitores e familiares a Santiago para ver o partido de primeira división que enfrontará en Fontes do Sar ao Santiago Futsal e o Inter Movistar, actual campión de Copa.

En total máis de 90 persoas, 57 deles xogadores de base do club, desprazaranse á capital galega co obxectivo de gozar dun gran espectáculo. O obxectivo destas actividades é a promoción do fútbol sala, unha actividade deportiva que cada vez está a ter máis tirón.

Os equipos de base do Baíña Fútbol Sala xa xuntan a máis de 100 nenos e nenas, a gran maioría do Baiona, pero tamén algúns doutras parroquias do Val Miñor e tamén de Oia.

Anuncios