Sin categoría

Charla informativa “A memoria e as súas alteracións” en Nigrán

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias de Galicia (AFAGA) e o Concello de Nigrán ofrecen mañá venres no Auditorio Municipal ás 19:00 horas a charla informativa “A memoria e as súas alteracións”, a cargo do xefe do servizo de neuroloxía do Hospital Povisa, José Ramón Lorenzo. A entrada é de balde.