O Club de Loita Sabarís acode á Xornada Sur da Liga de Deporte Base con 30 dos seus loitadores

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Club de Loita Sabarís participará este sábado 18 de marzo na Xornada Sur da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas que se celebrará no Pavillón Municipal de Teis, en Vigo, co Club San Ignacio de Vigo como entidade coorganizadora.

O club baionés acudirá con arredor de 30 dos seus loitadores, dos colexios de Fontes-Baíña e Sabarís e do Humberto Juanes de Nigrán.

Os deportistas que serán o futuro deste deporte, teñen unha competición Lúdico-Deportiva para amosar as súas cualidades como loitadores, durante unha xornada pensada por e para os máis pequenos, que se desenvolverá desde as 10:30 ata as 12:30 horas. 8 clubs inscritos e máis de un centenar de deportistas, se darán cita nesta competición.

Xunto o Club de Loita Sabarís estarán os vigueses Club San Ignacio, Club de Loita El Castro, Club Kuzushi, e Club Ciudad de Vigo, así como o Club A Cambadela de A Estrada, o Club de Loita Pontevedra e o Club de Loita do Morrazo.

Anuncios