Turismo de Galicia e ACIR colaborarán para lograr a homoxeneidade no Camiño de Santiago

FOTO: XUNTA DE GALICIA

Turismo de Galicia e a Axencia de Cooperación Interrexional e Rede de Camiños de Santiago de Compostela (ACIR) colaborarán para lograr a homoxeneidade no Camiño de Santiago. Así se extrae da xuntanza celebrada hoxe entre o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, e o novo responsable da Axencia de Cooperación Interrexional e Rede de Camiños de Santiago de Compostela (ACIR), Nils Brunet, unha organización interadministrativa que desde o pasado ano é a xestora do ben Camiño de Santiago como patrimonio mundial en Francia por acordo co Ministerio de Cultura de Francia. A organización con sede en Toulouse, que conta xa con dúas décadas de existencia, tiña como ámbito de actuación o sur de Francia agora ampliado.

O encontro contou tamén coa participación de Adeline Rucquoi que forma parte tanto do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago da Xunta de Galicia como do Comité Científico de ACIR.

Ao longo da xornada desenvolvéronse diversas reunións conxuntas nas cales analizáronse propostas de cooperación para participar en programas europeos de interese mutuo.

Tanto para ACIR como para Turismo de Galicia resulta de grande interese poñer en común o traballo de xestión do Camiño de Santiago para definir criterios comsobre temas tan importantes como a sinalización, a acollida en albergues, a relación co sector turístico ou a promoción xacobea, entre moitos outros.

O responsable de ACIR aproveitou a súa viaxe para visitar diversos albergues e lugares de interese no Camiño Francés como a Catedral de Santiago de Compostela e o Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos da rúa das Carretas, entre outros.

Anuncios