Anuncios
Ticker de novas

Tres empates e unha derrota para o Club Laroca na sexta xornada da liga galega de xadrez

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este pasado sábado celebrouse a sexta xornada da liga galega de xadrez na que os equipos do Laroca non conseguiron ningunha vitoria, a pesar do cal os tres empates e unha derrota seguen deixando os equipos nunha situación inmellorable para afrontar a segunda parte da liga.

Na primeira división o equipo do Laroca A conseguiu un meritorio empate ante o Bouzas, no que destaca a gran partida disputada pola recente campioa galega de sub 18 Mireya, que puxo contra as cordas ao gran mestre Ibragim khamrakulov Inoyatov, e só un pequeno descoido coa presión da falta de tempo, fixo que a partida se decantase ao equipo bouzense. Os dous puntos foron conseguidos por Sergio e Fran.

A pesar deste empate o Laroca sigue mantendo a terceira posición da táboa, todo un éxito tendo en conta que é recén ascendido.

Na segunda división o equipo do Laroca B só puido conseguir un punto ante o potente equipo guardés do Albatros A, que ocupa a segunda posición da táboa, punto conseguido por Dani. Con este punto o Laroca B descende ata a oitava posición, mantendo un colchón de tres puntos cos postos de descenso.

O Laroca C acadou un meritorio empate contra o Mos B, a pesar das baixas, polo que tiveron que subir dous xogadores do equipo de terceira IES Auga da Laxe, que descansaba nesta xornada. Con estes dous puntos conseguen afianzarse na quinta posición da clasificación. As vitorias foron de Chema e Jorge.

Na terceira división o equipo de Mallón conseguiu outro empate ante o Mos D. Este equipo tamén tivo que ser reforzado por dous xogadores do equipo de cuarta división, ante dúas baixas de última hora. Os puntos foron conseguidos por Juan y Tino Prol. Con este resultado o Mallón baixa unha posición e ocupa a quinta praza.

Ao IES Auga da laxe tocoulle descansar nesta xornada, polo que perde o liderado e baixa á terceira posición empatado ca Once.

Anuncios