Anuncios
Ticker de novas

Gondomar habilita unha zona de aparcadoiro para motos na Avda. Elduayen

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

O Concello de Gondomar vén de delimitar unha nova zona de aparcadoiro exclusivo para motocicletas no centro do municipio. En concreto, habilitáronse unha decena de prazas na Avda. Elduayen, co obxectivo de evitar que as persoas que utilizan este medio de transporte ocupen os lugares destinados a coches ou parte das beirarrúas.

Con este novo espazo para o estacionamento de motos o Concello de Gondomar amplía as prazas para este tipo de vehículos no centro do municipio. O goberno local xa delimitara hai meses unha zona de aparcadoiro para motos na rúa Eduardo Iglesias, nas proximidades da Casa Consistorial.

Anuncios