Anuncios
Ticker de novas

Descontos baixo paraugas de cores en Gondomar

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ

Centos de persoas achegáronse este domingo a Gondomar para visitar a Feira de Oportunidades Portobelo, que cumpría a súa cuarta edición organizada pola Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), enchendo unha vez máis de colorido a vila condal grazas á decoración baseada en paraugas colgantes sobre as rúas do centro urbano.

En Portobelo, que conta coa colaboración do Concello de Gondomar, a través da Concellería de Comercio, veciños e visitantes puidéronse atopar desde as 11 da mañá e ata as 9 da noite produtos tan variados como calzado, pezas de vestir, tocado, enxoval, ferraxería, cosmética, produtos de limpeza, etc., a través dos 25 establecementos comerciais que participaron este ano.

A pesar de que a choiva e o vento fixeron acto de presenza en momentos puntuais da xornada, desde a organización fan un balance moi positivo desta nova edición de Portobelo, onde ademais houbo inchables para os máis pequenos e obradoiros dirixidos polo Centro Juan María de Nigrán, nos que os nenos e nenas traballaron con materiais reciclables.

As condicións meteorolóxicas obrigaron a suspender a exhibición de Danza Moderna e Hip-Hop a cargo da Escola de Danza Paradela e a Asociación de Danza de Gondomar.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios