Baiona abre o prazo para inscribirse no programa de conciliación familiar de Semana Santa

FOTO: PEPE COSTAS

O Concello de Baiona abre o vindeiro luns, 13 de marzo, o prazo para solicitar a participación no programa de conciliación Semana Santa 2017, dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.

O programa desenvolverase no CPI Covaterreña os días 11,12,13 e 17 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas, se ben se hai familias que o necesiten, establecerase horario flexible de entrada de 8:00 a 9:00 horas e de saída de 14:00 a 15:00 horas.

As persoas interesadas poden recoller as bases que rexen a convocatoria no rexistro do Concello de Baiona ou no Centro Municipal de Información á Muller. Para calquera consulta ou aclaración poden chamar ao CIM no teléfono 986 357 554.