Anuncios
Ticker de novas

Nigrán habilita un espazo exclusivo para aparcadoiro de motos na rúa Reverendo Pérez Alonso

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

A petición dos clubs de moteiros e de cidadáns de Nigrán o Concello vén de delimitar cinco prazas exclusivas para aparcadoiro de motos no centro do municipio. Moitas persoas que utilizan este medio de transporte reclamaban a necesidade dun espazo que lles permitira aparcar e estacionar.

Deste xeito non só non ocupan lugares destinados a vehículos, xa de por si escasos, senón que deixan libres as beirarrúas que ante a falta de lugares apropiados víanse na obriga de utilizar.

“Despois das renovacións de firme nas rúas do centro de Nigrán, do arranxo de beirarrúas en Reverendo Pérez Alonso e da reorganización de aparcadoiros de vehículos tíñamos unha débeda cos usuarios de motocicletas. Trátase dunha pequena medida pero que facilitará unha mellor convivencia de peóns, usuarios de motos e de automóbiles no centro administrativo de Nigrán”, indica Juan González, Alcalde de Nigrán.

Anuncios