Anuncios
Ticker de novas

O goberno de Baiona leva a pleno os orzamentos para 2017

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O goberno local de Baiona levará este venres ao pleno ordinario que comezará ás 11:00 horas os Orzamentos de 2017 para o seu debate e aprobación. As partidas alcanzarán este ano un total de 8,52 millóns de euros, o que supón un 1,16% máis que en 2016.

A Corporación Municipal de Baiona debaterá na sesión ordinaria do mes de febreiro, aprazada uns días para evitar a súa coincidencia coa Festa da Arribada, os orzamentos xerais do presente ano.

O gasto social volve a ocupar unha parte importante do esforzo orzamentario, tal e como destaca o alcalde. “Trátase duns orzamentos que potencian o benestar social dos baioneses en todos os ámbitos”, sinala o alcalde Ángel Rodal.

Neste sentido, o rexedor apunta que haberá un incremento das partidas destinadas ao Servizo de Atención Domiciliaria (SAD), cun total de 15.000 euros, e Teleasistencia, con máis de 4.000 euros, aumentando nun 13% sobre o ano anterior.

No documento orzamentario se presentan unhas inversións que alcanzan os 758.444 euros, con importantes gastos nas melloras de camiños municipais (70.000 euros), accesibilidade (33.000), saneamentos (53.000), mobiliario da biblioteca (35.000) e eficiencia enerxética (20.000), capítulo este último no que o Concello aforrou o pasado ano 42.000 euros grazas ás medidas adoptadas.

Ademais, a produtividade dos operarios recibe unha partida de 31.281 euros, un 30% máis que en 2016. Por último, o Concello mantén o pago de facturas 24 días por debaixo do prazo legal.

Anuncios