Anuncios
Ticker de novas

Castro e Ladeira organiza unha excursión á cidade portuguesa de Braga

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira organiza o vindeiro domingo 2 de abril unha excursión á cidade de Braga (Portugal), con saída ás 8:00 da mañá desde o Mercado de Sabarís.

Durante a mañá haberá unha visita á zona antiga da cidade. Ás 12:00 horas coñecerán en Celeirós a casa nai dos Benedictinos no norte de Portugal durante moitos séculos, con visita guiada e entrada incluída.

Ás 14:00 horas terá lugar a comida nunha típica quinta portuguesa con entrantes variados, caldo verde, bacallau ao estilo “Barreiro”, viños branco e tinto e sobremesa.

Ás 16:00 horas, os asistentes visitarán o centro de interpretación do Sameiro en Braga e ás 17:00 horas o Santuario de Bom Jesús, o lugar máis turístico de Portugal.

Finalmente, ás 20:00 horas gozarán dunha merenda-cea con deliciosas empanadas e bo viño galego antes de regresar a Sabarís, onde está prevista a chegada ás 22:00 horas.

O prezo da excursión é de 30 euros para socios da Asociación e de 33 euros para os non socios. Inclúe transporte en autocar, comida en restaurante, entradas das visitas indicadas, servizo de guía-acompañante, seguro de asistencia en viaxe e a merenda-cea. Recoméndase que todos os participantes leven a súa tarxeta sanitaria europea.

Máis información e reservas nos teléfonos 653 793 844 (Isabel) ou 679 185 813 (Delia).

Anuncios