A Consellería do Mar repara os danos ocasionados polo temporal no peirao de Panxón

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Porto de Panxón.

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, está a reparar os danos ocasionados polo temporal no peirao de Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán, onde hoxe estivo o presidente do ente público, José Juan Durán.

Os danos foron provocados polo temporal de vento e mar de fondo que viviu a costa galega na primeira fin de semana de febreiro e que afectou especialmente ao suroeste da comunidade. No caso de Panxón, os principais danos rexistráronse no paseo situado no bordo portuario así como na baliza instalada no mar.

A día de hoxe, Portos de Galicia ten en execución xa a reparación dos danos no paseo, concretamente a pasarela e varias zonas pezas metálicas que se desprenderon do mesmo. Esta actuación conta cun orzamento de 7.000 euros, que se sumarán a outros 5.000 destinados á reposición da boia afectada.

Anuncios