Anuncios
Ticker de novas

O CPA Gondomar, medalla de bronce no Campionato de España de Grupos-Show Pequenos

FOTO: REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PATINAXE

Punto e final ao Campionato de España de Grupos-Show de patinaxe artística. A competición, que arrancou onte cos Grandes, terminou hoxe coas actuacións dos Pequenos nun Barris Nord de Lleida que volveu a vibrar cos mellores grupos estatais.

O CPA Gondomar pechou o podio cunha puntación de 86,2 grazas á súa “Alma Torera”. O PA Maçanet co seu “Try Again?” converteuse no novo campión tras unha fantástica actuación. As catalás obtiveron un 90,1 de puntuación. Seguiulles de preto o CPA Tona co seu “Infamia”, que lles valeu para sumar 87 de puntuación e colgarse o metal prateado.

Anuncios